Díaz Ayuso, nova presidenta da Comunidade de Madrid

@TeoGarciaEgea

  • Ciudadanos aceptou a proposta final de Vox para conseguir investir a Ayuso

Isabel Díaz Ayuso será a próxima presidenta da Comunidade de Madrid despois de que Ciudadanos aceptara este xoves un documento de Vox, onde nun principio esixían medidas que non compartían os da formación laranxa.

O voceiro de Ciudadanos na Asemblea de Madrid, Ignacio Aguado, declarou que as propostas de Vox «non son incompatibles» co acordo de Goberno de coalición que xa asinaron Ciudadanos e PP, unha postura que xa lle transmitiu á voceira de Vox na Asemblea, Rocío Monasterio.

Pola súa banda, Vox presentou un texto definitivo no que se eliminaba a derrogación das leis LGBTI. Monasterio expresara nunha conferencia de prensa na Asemblea que confiaba en que este último documento fose aprobado definitivamente.

Para que Ayuso consiga ser investida como presidenta necesitará os votos a favor de 12 deputados de Vox, xa que a suma de escanos entre o PP (30) e Ciudadanos (26) non serían suficientes.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha