Díaz Ayuso, señalada como contacto da «Púnica» no PP en 2011

  • Os contratos de mellora reputacional de candidatos do PP forman parte da investigación da trama.

O informático de Eico Adrián de Pedro —irmán de Alejandro, suposto conseguidor de contratos da trama Púnica— sinalou nunha declaración xudicial realizada en 2014 á candidata para presidir a Comunidad de Madrid Isabel Díaz Ayuso como o seu contacto no PP para os traballos de mellora reputacional da candidata Esperanza Aguirre na campaña electoral de 2011. Así se desprende da declaración que De Pedro prestou o 23 de decembro de 2014 ante o xuíz da Audiencia Nacional Eloy Velasco. Durante o interrogatorio, o empresario valenciano di sobre Díez Ayuso: «Esa persoa que lle estou dicindo, para min, é máis que un técnico que me puxeran en contacto para dicir cambia isto, cambia o outro». A Fiscalía Anticorrupción solicitou recentemente a imputación no caso das expresidentas autonómicas Aguirre e Cristina Cifuentes, con quen traballou Díaz Ayuso. O actual maxistrado do caso, Manuel García-Castelló, ten pendente de resolver este asunto.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha