41
O portavoz de Infraestruturas do PPdeG e presidente provincial do PP coruñés, Diego Calvo, calificou de «paripé» a demanda da gratituidade da AG-55 por parte do líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, este xoves en Carballo. Para o popular, o líder do PSdeG en Galicia “non ten lexitimidade para falar de peaxes e moito menos para dar leccións sobre o que ten ou non ten que facer o goberno da Xunta”. Calvo recordou que a AG-55 ten unha peaxe barata, das máis baratas de España e, ademais, afirmou que o executivo galego aplica bonificacións que vén reforzando nos últimos anos con novos descontos.