Diego Calvo mantivo un encontro coa militancia do PP en Malpica

1 minutes read

O recentemente reelixido presidente do Partido Popular  da provincia da Coruña o pasado mes de setembro, Diego Calvo, aproveitou a súa visita a Malpica para incidir no seu discurso en aspectos que serían fundamentais para que a súa formación conseguise seguir crecendo a nivel electoral nas próximas citas coas urnas.

Toca poñerse o mono de traballo unha vez máis. Agora é o momento de incidir máis que nunca en estar á beira dos nosos veciños, escoitalos, acercarnos aos seus problemas e tratar de coñecer o que demandan de nós”, dixo Calvo.

“Aquí non sobra ninguén e son importantes todos os que veñan sumar. Sabemos o peso que ten a nosa formación na provincia, pero temos que aspirar a chegar cada vez a máis xente, persoas que están descontentas e que buscan unha alternativa que poden atopar en nós”, concluíu.