Diego Calvo pide en Carballo unir o voto para garantir a vitoria de Feijóo este domingo

O presidente do Partido Popular na provincial da Coruña, Diego Calvo, aproveitou o mitin que a súa formación celebrou este martes en Carballo para incidir na importancia de unir o voto ao redor da papeleta da súa formación para “garantir” a vitoria de Alberto Núñez Feijóo o vindeiro domingo e, de paso, dixo, evitar “desgustos” como os vividos na provincia da Coruña nas últimas eleccións municipais do mes de maio. Calvo estivo acompañado de militantes e simpatizantes do seu partido, pola candidata ao Senado Rosa Galego; o delegado provincial da Xunta, Gonzalo Trenor; e Rubén Lorenzo, voceiro do PP carballés.

Calvo aproveitou tamén para destacar a política cercana e de rúa que o líder da súa formación, Alberto Núñez Feijóo, está a levar a cabo durante as últimas semanas, fronte ao socialismo de Pedro Sánchez que, na súa opinion, cada día que pasa está máis afastado dos problemas reais que sofre a xente.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha