Diego Calvo pide o voto en Vimianzo para ‘manter a estabilidade e seguir polo bo camiño’

1 minutes read

O cabeza de lista do Partido Popular pola provincia da Coruña ao Parlamento de Galicia, Diego Calvo, reivindicou este martes en Vimianzo a importancia de protexer a Galicia da “confrontación e as leas” que supoñería a chegada ao Goberno da Xunta dun tripartito incapaz de poñerse de acordo en temas fundamentais para o futuro benestar dos galegos, dixo.

Calvo aproveitou este mitin comarcal para incidir en que os galegos teñen ante si a decisión de elixir entre a estabilidade que ofrece a súa formación e un conglomerado de partidos que, na súa opinión, supoñerían un “importante retroceso” para o avance de Galicia.

Calvo aproveitou tamén a súa intervención para advertir da “importancia” de pelexar “todos e cada un dos votos” e, desta maneira, evitar “sorpresas desagradables” o próximo 18 de febreiro. “Imos a por todas, Galicia meréceo e os galegos necesítannos. Nada de confianzas porque necesitamos unha vitoria clara e contundente”, concluíu.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?