Diego Calvo, reelixido presidente provincial do PP coruñés, a súa candidatura era a única presentada


Diego Calvo foi reelixido como presidente provincial do PP da Coruña no XVI congreso do partido que se celebrou este sábado en Palexco. A súa candidatura era a única que se presentaba. Calvo, sumou 780 votos a favor dos 814 emitidos, o que supón un respaldo do un 96 % da militancia. Houbo 41 papeletas en branco e 3 nulas.

Acompañado polos líderes autonómicos de Galicia e de Murcia, Alberto Núñez Feijoo e Fernando López Miras, polo secretario xeral dos populares, Teodoro García Egea, polos presidentes das deputacións de Alacante e de Almería, Carlos Mazón e Javier Aureliano, e o alcalde de Zaragoza, Jorge Azcón, Calvo agradeceu o apoio recibido  e reivindicou a súa intención de seguir construíndo un PP provincial “forte, orgulloso, presente ata no último recuncho do territorio, convencido do que quere e con ganas de gañar”.

O líder coruñés reclamou á seus xenerosidade tanto para dar un paso á fronte como para dar un paso á beira. “Chegado o momento dunha renovación integradora debemos implantala sen problemas, sen facernos trampas e sen impedir que o partido se beneficie de caras e de incorporacións novas”, reclamou Calvo, quen subliñou que a renovación pode ser sinónimo de forza e de melloría, pero nunca de ruptura, nin de esquecer o pasado.

Añoranza do apoio perdido

Calvo, pediu máis apoio que nunca para liderar un proxecto “ambicioso” e “ilusionante” que levará ao Partido Popular, asegurou, a recuperar a confianza que nunca debeu perder, e a conseguir que as próximas eleccións locais se parezan máis ás do 2011 e ás autonómicas do 2020 que ás locais do 2019.