Diego Calvo visitou Camariñas

Foto.- Cedida.

O candidato do PP pola provincia da Coruña nas eleccións autonómicas do próximo 12 de xullo, Diego Calvo, avalou en Camariñas que os máis de 3.000 millóns de euros que o executivo autonómico aprobou servirán para paliar os efectos nos sectores da economía, a industria e os servizos despois destes meses, e para fortalecer os servizos públicos como a Sanidade, os Servizos Sociais e a Educación Pública. Calvo subliñou que Galicia afronta os retos desta nova situación económica cun orzamento en vigor, o déficit público controlado e unha cociente de endebedamento inferior á media autonómica. Ademais aproveitou a visita a unha industria conserveira local para resaltar o “notable esforzo” realizado polas empresas familiares durante os meses de confinamento provocados pola pandemia do Covid-19.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha