Diego Calvo visitou un invernadoiro e unha empresa envasadora na Laracha

Foto.- Cedida.

O candidato do PP pola provincia da Coruña nas eleccións autonómicas do próximo 12 de xullo, Diego Calvo, destacou a calidade dos produtos do agro galego e animou a incrementar a súa presenza nas depensas dos fogares de Galicia. Na súa visita a un invernadoiro e a unha planta envasadora situadas no Concello da Laracha acompañado polo alcalde do municipio, José Manuel López Varela, e polo tamén candidato popular, Rubén Lorenzo, Calvo puxo en valor o “notable esforzo” realizado por estas dúas empresas familiares durante os meses de confinamento provocados pola pandemia do Covid-19.

Neste sentido, agradeceu o traballo realizado pola industria agroalimentaria para garantir o mantemento do sumistro de produtos de primeira necesidade nun momento que Calvo cualificou de “máxima dificultade” como o vivido por todo o sector da cadea alimenticia. Referiuse tamén á necesidade de concienciar ao consumidor da importancia de comprar estes produtos de proximidade como recoñecemento ao esforzo realizado por este sector, e avalou a decisión da Xunta de Galicia de impulsar a súa comercialización a través dunha campaña de promoción e sensibilización na que tamén se destacará o nome das cadeas que están a colaborar nesta iniciativa para botar unha man ao campo.

“O obxectivo é facilitar novas vías de comercialización aos produtores agroalimentarios da comunidade que están a ter dificultades para chegar ao comprador ao quedar pechadas as súas canles de venda habituais durante a crise do coronavirus”, explicou o candidato popular.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha