Dilatada sesión plenaria en Carballo polo amplo número de mocións presentadas

O debate prolongouse durante máis de dúas horas, das cinco mocións que figuraban na convocatoria saíron adiante a do Partido Popular sobre a recollida das dexeccións das mascotas da vía pública e a do BNG sobre o 8M, que finalmente foi aprobada por unanimidade como declaración institucional do Día da Muller. Foi rexeitada a de Tega de retransmitir os plenos na web municipal. No apartado de rogos e preguntas, TeGa interesouse por asuntos de persoal e pola execución de varias obras e o PP, pola travesía de Sísamo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha