42
A ministra alemá de Defensa, Christine Lambrecht, presentou a súa dimisión ao chanceler, OIaf Scholz, quen a aceptou. A saída chega cando Alemaña está en pleno proceso para reforzar as súas Forzas Armadas, e despois de varios erros de xestión e declaracións polémicas de Lambrechet. A política, membro do Partido Socialdemócrata (SPD), do mesmo xeito que Scholz, dimite nun contexto marcado pola guerra en Ucraína. Scholz asegurou que actuará con rapidez para designar un substituto. «Teño unha idea clara e saberase moi pronto como se debe proceder», declarou o chanceler alemán.