23
A presidenta húngara dimitiu do seu cargo tras o odio recibido ao conceder un perdón presidencial a un preso por un caso de abuso infantil.
Katalin Novák anunciou na canle de noticias nacional ‘Hungarian M1’ que dimite do seu posto como presidenta do país.
Este anuncio é consecuencia directa do indulto presidencial que Novak outorgou a un home que foi sentenciado por encubrir varios incidentes pedófilos nunha escola húngara e polo que miles de cidadáns se manifestaron este venres.
A agora xa expresidenta de Hungría acurtou unha viaxe a Oriente Medio para responder sobre o seu rol nese perdón presidencial.