Dimite Antón Dobao, un dos fundadores de Anova

1 minutes read

Antón Dobao, un dos fundadores de Anova-Irmandade Nacionalista, anunciou que abandona a dirección da organización soberanista, na que ocupaba o cargo de responsable de Relato desde a IV Asemblea Nacional celebrada o pasado mes de decembro. Nun comunicado compartido en redes sociais, o escritor anunciou que esta semana presentou a súa dimisión como membro da Comisión Permanente de Anova, unha decisión que vincula cos «espantosos» resultados da coalición Galicia En Común- Anova Mareas nas eleccións do 12 de xullo, onde non logrou representación. Dobao, que foi un dos promotores no ano 2012 de Anova, manifesta que entende que coas autonómicas «péchase unha etapa e que con iso nada debería ser o mesmo para o ciclo que se abre».