Dimite o alcalde de Cerceda


  • José García Liñares foi inhabilitado por un delito de prevaricación administrativa, tras 25 anos na alcaldía.

Unha semana despois de que a sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña ratificase a condena a oito anos de inhabilitación por supostas irregularidades na contratación das obras do xardín botánico. Liñares nunha emotiva rolda de prensa celebrada este martes no salón de plenos, anunciou que nos próximos días efectuará a súa saída do Concello, onde gobernaba desde hai 25 anos. O rexedor de Cerceda encabezara as listas do PSdeG nas pasadas eleccións municipais, pero tras fixarse a data para a celebración do xuízo contra él, abandonou a formación socialista.

Intervención de José García Liñares.