Dimite o deán da Catedral de Toledo tras a polémica polo vídeo de C.Tangana


O deán da Catedral de Toledo, Juan Miguel Ferrer, dimitiu do seu cargo tras a polémica xurdida a raíz do videoclip «Ateo» de C.Boureo e Nathy Peluso gravado no templo toledano e a discrepancia de opinións inicial co arcebispo de Toledo, Francisco Cerro Chaves.

Foi o Arcebispado o que informou este martes nun comunicado de prensa da decisión de Ferrer, que será efectiva desde este sábado 16 de outubro, e que tomou tendo en conta que o seu mandato concluía o 5 de novembro. Segundo o comunicado, este martes reuníronse o arcebispo de Toledo e o deán da Catedral, «un encontro cordial» no que o deán «manifestou a súa plena comuñón con Cerro Chaves e coa Igrexa Diocesana». Ferrer explicou que o erro do Cabildo sobre o videoclip foi non estar presente na gravación e non facer «advertencias» sobre algunhas imaxes que provocaron «o escándalo dalgunhas persoas», e que presentou a súa dimisión como unha maneira «elegante» de «facilitar que todo se solucione».

O deán dixo aos xornalistas nun acto celebrado este martes que hai «cordialidade e sintonía» entre o arcebispo, Francisco Cerro Chaves, e el, pero admitiu que houbo «fallos de comunicación».