Dimite o portavoz do PP de Ponteceso

Daniel García á entrada do Xulgado de Carballo_Cedida.

Este xoves coñeceuse a inesperada noticia da dimisión do portavoz municipal do Partido Popular de Ponteceso, Jesús Daniel García Cotelo, natural de Corme. Unha dimisión irrevogable que segundo afirmou Cotelo débese a “a falta de confianza depositada na miña persoa por parte dos meus compañeiros así como do Partido Popular da Coruña”. García Cotelo puntualiza que entende que “a lealdade debe de ser bidireccional” e aclara que se dá de baixa como afiliado do Partido Popular e como presidente da xestora da organización en Ponteceso. Conclúe ademais o seu escrito cunha mensaxe: “Non hai que esperar do favor nin temer da arbitrariedade”. Chegados a este punto, Daniel García continuará como concelleiro non adscrito na multicolor corporación pontecesá. A edila Marta Carrillo pasará a ser a nova portavoz.