Alberto Romar Landeira estaba no cargo dende xullo de 2020, tras un proceso electoral interno no que Romar conseguira 93 votos, contra os 43 acadados pola anterior presidenta,Teresa Castro. Baixo a súa responsabilidade a Asociación levou a cabo infinidade de actividades, feiras, coloquios e incluso reivindicacións de todo tipo, no beneficio dos asociados e de Santa Comba.
Na noite deste luns, e tras a reunión mantida pola directiva da Asociación, Romar emitiu un comunicado informando da presentación da súa dimisión. Dende agora, e ata a celebración da Asamblea extraordinaria, no prazo dun mes, toma as rendas da Asociación Pablo Pérez Escariz.
Segundo o propio Alberto Romar «o motivo deste distanciamento é a inclusión en novos proxectos, os cales, penso que non son compatibles co cargo, deixo tamén de administrar os grupos e redes sociais, quedando á enteira disposición dos membros da directiva, aos que lles agradezo a lealdade e compromiso que tiveron durante máis de dous anos conmigo».
O xa ex-presidente afirmou que na asemblea extraordinaria que se celebrará no vindeiro mes, falará polo miúdo dos motivos que o levaron a tomar esta decisión, a cal foi consensuada, dixo, «con toda a directiva e coa miña familia».
Romar mostrou o seu profundo agradecemento a tódolos socios e socias, por estos dous anos do que calificou como «aprendizaxe». Non é un adeus, é un ata logo, concluíu.