Dimite o presidente de RTVE


José Manuel Pérez Tornero, anunciou este luns mediante unha carta a súa renuncia á presidencia da corporación e a formar parte do seu consello de administración 18 meses despois da súa elección polo Congreso dos Deputados. Na carta, Pérez Tornero afirmou que constatou que, dentro do máximo órgano de administración de RTVE «xa non se dan as condicións mínimas para o consenso transversal, nin para a conformación dunha maioría plural, estable e coherente; e, en moitas ocasións, nin tan só o clima propicio ao diálogo que necesitamos para culminar o proxecto». «O cal dificulta moito a gobernabilidade da empresa, e impide levar a cabo a transformación coa que todos nos comprometemos», asegura na carta na que tamén anuncia que regresa á universidade.