Dimite o Xefe de Estado Maior da Defensa, tras vacinarse da covid antes do fixado


O Xefe de Estado Maior da Defensa (JEMAD), Miguel Ángel Villarroya, solicitou este sábado o seu cesamento á ministra de Defensa, Margarita Robles -que o aceptou-, o feito produciuse tras coñecerse este venres que tanto el como outros cargos militares recibiron a primeira dose da vacina contra a Covid-19. Tras a onda de indigación pola prematura e irregular vacinación de políticos de PSOE e PP, desde alcaldes a conselleiros autonómicos, saltou a noticia do JEMAD, e que a ministra Robles soubo polos medios de comunicación. De inmediato, pediu un informe a Villarroya para coñecer de primeira man a cantas persoas se lle suministrara a vacina e cal era a xustificación. Villarroya expuxo que, “no cumprimento das súas obrigacións, de acordo aos protocolos establecidos e coa única finalidade de preservar a integridade, continuidade e eficacia da cadea operativa das Forzas Armadas, tomou decisións que considera acertadas e que nunca pretenderon aproveitarse de privilexios non xustificables”, pero que, comprende, “están a deteriorar a imaxe pública das Forzas Armadas e poñendo en dúbida” a súa propia “honradez”, polo que decidiu dimitir.