0
A primeira presidenta peruana convocou a todas as forzas políticas a un amplo proceso de diálogo para superar a difícil situación que atravesa o país. No seu discurso tras xurar o cargo, pediu unha tregua política para instalar un Goberno de unidade nacional. Dina Boluarte marcou como prioridades loitar contra a corrupción nas institucións, retomar a axenda de desenvolvemento económico con inclusión social e activar a reforma política que, segundo destacou, urxe no Perú. Nada dixo de convocar eleccións anticipadas.