42
Dinamarca suspende definitivamente a aplicación da vacina de Oxford AstraZeneca pola localización de casos anómalos. A vacina interrompeuse por cautela en Dinamarca o 11 de marzo, cando uns 150.000 daneses xa recibiran a primeira dose de AstraZeneca. Trátase dun novo golpe á confianza na vacina de Oxford despois de que en Estados Unidos se producísen sete mortes por trombos entre máis de oito millóns de vacinados. As autoridades danesas aseguraron estar de acordo coa Axencia Europea do Medicamento e recalcan que a vacina é «segura e eficaz» aínda que aludiron ao que chamaron «perspectivas sociais xerais» para rexeitala.