Discotecas, teatros e cines pecharán esta fin de semana

1 minutes read

Os principais locais de concertos e discotecas das cidades galegas non abrirán as súas portas esta fin de semana. Teatros e cines tamén pechan en gran parte. Os Yelmo anunciaban a clausura de todas as súas salas en España.

Na súa conta de Facebook, a discoteca La Luna de Pontevedra anunciábao este venres: pechan as súas portas esta fin de semana e así continuarán o tempo que estipulen as autoridades sanitarias. Coma eles moitas outras discotecas, pubs e salas de concertos de todas as cidades galegas. Algúns organizadores xa decidiran aprazar ou cancelar concertos e outras actividades de motu propio nos días anteriores. Apelaban a responsabilidade cos seus traballadores e co público en xeral.

Dende a Asociación Galega de Concertos asumían a necesidade sanitaria destes peches a pesar do prexuízo económico.

Xunto aos locais de ocio nocturno, os teatros e outros espazos escénicos e culturais onde a capacidade é maior de 50 persoas están cancelando tamén as súas actividades. En principio polo tempo que determinen as autoridades saitarias.

Comunicado Discoteca La Luna.