O Concello de Cabana de Bergantiños ultima os preparativos para gozar un ano máis do seu tradicional entroido, unha das citas máis sinaladas no calendario lúdico municipal.
Deste xeito, o vindeiro martes, día 13 de febreiro, o pavillón municipal acollerá desde as 17.00 horas unha gran festa con inchables, música, degustación de doces e a partir das 18.30 horas terá lugar o concurso de comparsas, cuxa inscrición se manterá en vigor ata o 12 de febreiro, con premios en metálico para os gañadores. Ademais, tamén haberá pasarela de disfraces infantil con merenda de balde para os participantes e a xornada culminará coa actuación do dúo ‘Primera Fila’.
Pola súa parte, este domingo regresan os bailes para maiores no centro de día de Neaño coa actuación de Judith Cundíns desde as 19.00 horas.