Disfraces, maxia, obradoiros e música enchen a programación do Entroido de Muxía

1 minutes read

O Concello de Muxía presentou a programación completa para o Entroido 2024, que inclúe opcións e actividades para todos os gustos e idades.

Concursos de disfraces, música, espectáculo de maxia, obradoiros de entroido para a conciliación ou tradicional Enterro do Percebe completan a semana festiva.

Así, a programación comezará o sábado 10 de febreiro, desde ás 17:00h no Polideportivo Municipal, coa Gala Concurso de Entroido que presentará o Mago Cayetano Lledó e que estará amenizada pola discoteca móbil CDC.

As persoas participantes do concurso de disfraces infantil e adulto deberán inscribirse previamente, o mesmo día da gala, na mesa do xurado. Así mesmo, as persoas participantes no concurso de grupos e comparsas deberán inscribirse previamente no Concello ou a través da sede electrónica antes do 8 de febreiro.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?