Disney Plus medra a un ritmo superior a Netflix

1 minutes read

A competencia polo mercado do entretemento de series, películas e documentais no fogar está en pleno auxe cunha Disney Plus que non deixa de medrar a pasos axigantados, mentres Netflix segue mantendo o primeiro posto, aínda que tamén moi seguido de preto de Prime Vídeo. O conglomerado de The Walt Disney Company anunciou que o servizo de subscrición Disney Plus superou os 100 millóns de subscritores en todo o mundo, a metade de camiño dos 200 millóns de subscritores que ten Netflix, pero Disney+ crecendo a un ritmo maior dado que só leva 16 meses no mercado. A este crecemento tamén axudou que a aplicación de Disney Plus xa se atope dispoñible nas consolas de próxima xeración e noutros dispositivos como Chromecast ou Apple TV. O prezo actual de Disney Plus no noso país é de 8,99 € ao mes por baixo do seu principal competidor Netflix aínda que algo máis caro que Amazon Prime Vídeo.