Disparan a dous autobuses que se dirixian a Compostela desde Carballo e Baio

1 minutes read

Dous autobuses rexistraron cadanseu disparo este martes, 22 de agosto, cando facían a ruta a Compostela desde Carballo e Baio, segundo confirmaron fontes da Garda Civil. Un dos sucesos produciuse despois das sete da mañá e outro antes das 11.00 horas, en ambos os casos polo impacto de perdigón de escopeta. En concreto, un facía a ruta desde Carballo e outro desde Baio, en Zas, en autobuses pertencentes a empresas pequenas. Os impactos alcanzaron os cristais, pero, ao tratarse dun dobre cristal, non traspasou e só alcanzou o primeiro, sen provocar feridos.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?