Dispáranse as mortes por Covid-19 en Europa

1 minutes read

O cómputo de mortes por coronavirus en Europa embazou a xornada deste martes. Italia e Francia superan o limiar dos 50.000 falecidos, e en Reino Unido e España informan cifras inéditas ou case iguais ás rexistradas nos peores momentos da primeira onda da pandemia. Un total de 853 mortos en Italia, 608 no Reino Unido, 537 en España e 458 en Francia. Os gráficos da enfermidade, coas súas agudas puntas de contaxios e falecementos, obsérvanse con especial preocupación pola inminencia do inicio dos plans de desescalada que presentaron algúns gobernos esta semana de cara ás festividades do mes de decembro. Con cifras noutra escala menor, os mortos por coronavirus alcanzaron cifras récord tamén en países como Rusia, Austria, Bulgaria e Eslovenia.