Dispárase o préstamo de libros electrónicos durante a pandemia

Así se desprende do balance anual de GaliciaLe, a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato dixital que contabiliza129.784 os préstamos realizados o ano pasado, máis do dobre dos rexistrados en 2019, cando foron algo máis de 56.000.

Nos últimos meses empregaron a plataforma 18.620 usuarios, unha cifra que supón máis do dobre que o ano anterior, cando houbo 7.300 usuarios activos. Entre os libros electrónicos máis prestados situáronse títulos como Loboferoz, de Patacrúa, ou Infamia, de Ledicia Costas, así como La nena, de Carmen Mola, ou El enigma de la habitación 622, de Joël Dicker. No caso dos audiolibros, o que rexistrou un maior número de préstamos foi Largo pétalo de mar, de Isabel Allende, e no eido audiovisual O Apóstolo ou O que arde.

Este crecemento alíñase coa campaña #aculturasegue, que a Consellería de Cultura puxo en marcha a raíz da crise sanitaria para ofrecer unha programación de lecer e cultural a través de internet que permitise chegar a todos os fogares da Comunidade. Deste xeito, os centros da rede de bibliotecas públicas de Galicia e as bibliotecas centrais territoriais, xestionadas polo Goberno autonómico, veñen reforzando o seu papel na provisión de servizos culturais facilitando a descarga e visionado nos dispositivos electrónicos, de obras en formato dixital de temáticas diversas que cubren un amplo espectro de interese e de idades.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha