Galicia terá dispoñible, a partir do vindeiro xoves día 14, a autocita para vacinación da covid das primeiras doses de adultos, así como das primeiras doses de nenos e nenas e recordo de 18 anos en adiante. A autocita poderá realizarse a través da web do Sergas (www.sergas.es), ou por medio da aplicación Sergas Mobil ou marcando o número de teléfono 881 54 00 45. No momento que unha persoa cumpla os criterios e entre en campaña, recibirá un SMS para indicarlle que xa pode pedir cita. Ademais, as sete áreas sanitarias do Sergas tamén as poderán citar activamente. Xunto ao anteriormente sinalado, segue a funcionar a entrada libre para vacinación da covid. Os horarios dos puntos de vacinación poden ser consultados pola cidadanía no seguinte enderezo: https://coronavirus.sergas.es/Contidos/Vacinacion-Covid-OC
32