Dispoñible o calendario para 2020: Agasalla lingua, agasalla Carballo


Trátase do almanaque da Concellaría de Normalización Lingüística para 2020. Recolle moitas das cousas que Carballo ten que ofrecer para regalarlle tanto ás e aos seus habitantes, como para visitantes. Entre as máis importantes destacan: lingua, deporte, feira, creatividade, arte, festa, praia, colleita, mocidade, teatro, pan, comercio…

Calquera pode recoller o calendario, ata fin de existencias, de forma gratuita no Museo de Bergantiños no seu horario habitual: de martes a venres, de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 19.30 horas; os sábados e os domingos de feira de 11.00 a 14.00 horas; domingos non feirados e luns, pechado.

Ademais de reflectir todos os meses do ano, o almanaque conta, como en cada edición, cunha sección de teléfonos de interese do Concello, onde están recollidos os números dos edificios municipais, de seguridade, atención e asistencia ou dos medios públicos de transporte, como os taxis e a estación de autobuses. Agasalla lingua, agasalla Carballo, agasalla o calendario!.