Dispoñibles 50 prazas para renovar o DNI na Laracha

A Policía Nacional desprazará á Laracha o vindeiro día 15 de setembro un equipo móbil DNIe para realizar renovacións do documento nacional de identidade ou, de ser o caso, expedir o carné por primeira vez. O horario de atención será de 9:00 a 12:00 horas. Hai cincuenta prazas dispoñibles que serán outorgadas por orde de inscrición. Para a reserva da cita requírese chamar ao 981612811, o teléfono do edificio administrativo da Laracha.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha