Dispoñibles tests de saliva gratuítos nas farmacias para menores de 5 a 11 anos


Está dispoñible nas farmacias a segunda remesa de tests de antíxenos para nenos de entre cinco e once anos, unha sinxela proba de saliva coa que o Sergas trata de ofrecer unha volta ás aulas o máis segura posible. Estes tests son gratuítos e para obtelos só é necesario presentar a tarxeta sanitaria do menor.