34
- O Deportivo de A Coruña xógase esta noite a súa permanencia en Segunda División
Durante a tarde deste luns, axentes da Policía Local e da Nacional establecerán un dispositivo especial de seguridade con motivo do partido de fútbol Deportivo – Fuenlabrada que se disputará no Estadio de Riazor ás 21:00 horas, e no que o equipo coruñés se xogará a permanencia na Segunda División. Esta decisión foi tomada na xornada de hoxe durante a reunión da Xunta de Seguridade.
Ante a previsible multitude de persoas afeccionadas nas inmediacións de Riazor e a pesar de que a asistencia ao partido de fútbol non está permitida, a alcaldesa da cidade, Inés Rey, fai un chamamento á responsabilidade individual e colectiva neste encontro deportivo «para evitar aglomeracións de persoas e posibles riscos sanitarios».