Disturbios en Barcelona e Burgos contra o toque de queda


Preto dun milleiro de persoas, moitas menores, protagonizaron graves disturbios en Burgos ao inicio do toque de queda, con violentos enfrontamentos coa Policía e lanzamento de pedras, queima de contedores e destrozos no mobiliario urbano. Os disturbios comezaron ás dez da noite deste venres cando comezou o toque de queda decretado en Castilla y León para conter a expansión do coronavirus. A Policía realizou varias cargas contra os manifestantes. O Presidente autonómico, Alfonso Fernández, fixo un chamamento á responsabilidade. En Barcelona, varias persoas concentráronse en repulsa das medidas de restrición impostas pola Generalitat. Pero, un grupo desa manifestación comportouse de maneira violenta e enfrontouse aos Mossos. Denuncian que as autoridades lles están roubando liberdade e o seu medio de vida.