Diversión temeraria en Ourense: camiñan polo arco da pasarela peonil


A imaxe que gravaron os usuarios das termas hai só uns días é inquietante: tres mozos duns vinte anos camiñando polo arco da pasarela peonil, a uns quince metros sobre o nivel da ponte, e o dobre con respecto ao río Miño.

Ocorreu este luns contra as catro da tarde, a plena luz do día e perante numerosas testemuñas: os usuarios e tamén os vixiantes das termas de Outariz e da Burga de Canedo, que intentaron disuadilos polo risco que entrañaba a súa peripecia.

Segundo usuarios habituais das termas, xa o fixeran o día anterior. Con eles ía unha moza que quedou no primeiro treito, o que moitos outros rapaces usan habitualmente como tobogán. “De feito, o principio do arco da pasarela está medio pelado de subiren os rapaces”, explica Camoeiras.

Neste caso trátase dun grupo de mozos estranxeiros que estaban de paso en Ourense, polo que os usuarios das termas confían que a temeraria ocorrencia non se repita.