O coñecido DJ e locutor de radio DJ Charlie acaba de lanzar ao mercado a súa nova canción chamada “ My candy girl” , xunto co tamén deejay, locutor e produtor italiano Tony Delta. A colaboración Italia- España dá como resultado unha melodía moi bailable e divertida, con enerxía para bailalo en salas e discotecas. É o primeiro de varios sinxelos que verán a luz proximamente, e que xa soa nas principais pistas de baile de todo o país. > Xa á venda en todas as plataformas dixitais, e tamén en Spotify!
Dj Charlie é tamén un dos profesionais que forma parte da programación de NOVAHIT, a emisora de referencia musical en toda a provincia de A Coruña, capitanea os sábados de 21:00 a 23:00 un fantástico radioshow chamado Italian Style.
Podes escoitar a nova produción en www.djcharlie.org ou a continuación en Spotify.