Dj Frisco: 33 anos “On Air”


Incombustible ao paso do tempo, cada día mais e mellor…

Frisco Taibo comezou a súa andaina profesional no ano 1986, dende ese ano exerceu como dj en numerosas discotecas, a partir de 1991 entra no mundo da radio. Como radio dj pasou mais dunha decada nos 40 principais / M80 radio e dende o 2003 podes escoitalo polas mañáns na emisora Nova Hit (antes Formula Hit Galicia) (www.novahit.net) ademais de ser o director e presentador de “ Hit Clubbin ” un radioshow de música de baile (www.hitclubbin.com) que se emite a través de mais máis de 250 estacións de radio en 22 paises, programa nomeado aos premios mais prestixiosos do seu estilo, DEEJAYMAGS 2007 , DEEJAYMAGS 2008, DEEJAYMAGS 2009 e aos VICIOUS MUSIC AWARDS 2011 como MELLOR RADIO SHOW , é toda unha referencia na cultura de club en medio mundo e que conta con 7 discos recompilatorios no mercado discografico. É colaborador en “ Electroschock” en Radio Marca e en varios radio shows mais. Na radio pouco queda por facer, entrevistou a moitísimos artistas ( Izal, Antonio Orozco, Supertramp, Mikel Erentxum, La Frontera, Obk, Miqui Puig, Bunbury, Luís Fonsi, Coti, M Clan,……, en definitiva unha lista interminable) e presentou numerosos concertos, dous de gran importancia como o zona 40 do 2003 ante 50.000 persoas e o zona 40 do 2002, de recordo imborrable ante mais de 100.000 persoas, ambos na Coruña. Na faceta televisiva fixo colaboracións en Tele 5, dirixiu e presentou durante 3 anos en Localia TV “local de noche”. Dj oficial Technics España 06/08 e como dj segue levando o son house de “ Hit Clubbin” polos mellores festivais e clubs non só nacionais senón tamén internacionais, tocou en paises como Suíza,Francia,Portugal,Rusia, Ukrania,Finlandia,Colombia, Thailandia Austria,Indonesia,…..,( ademais é o propietario de Yellow House Management. En 2010 crea o seu propio selo discográfico xunto ó tamén Dj Marcos Peón chamado Tullido Records, cuxas referencias se poden atopar á venda nos principais portais de descargas dixitais. En pouco máis dun ano de vida o selo foi nomeado aos Vicious Music Awards 2011 como mellor selo. Frisco recibiu 4 nomeamentos aos VICIOUS MUSIC AWARDS 2011: • Mellor Dj House • Mellor Produtor • Mellor Radio show ( Hit Clubbin´) • Mellor selo discografico ( Tullido Records). En canto a producións nos seguintes enlaces poderás atopar todos os seus tracks http://www.beatport.com/artist/dj- frisco/102701. Varias das suas produccións con Marcos Peón alcanzaron top 10, destacando temas como “Fiesta en la Discoteca” numero 1 en Serbia ou o mais recente “ Ain´ t that a shame” que segue estando nos charts mais importantes en varios paises. Podes seguilo en redes sociais en : Facebook, Twitter e Instagram


Dj Frisco & Marcos Peón – Participando nunha das suas producións

Dj Frisco & Marcos Peón – “Lounge” feat Jhony Crash