Dj Frisco e Marcos Peón actúan este sábado nas festas de San Ramón de Vilalba

Os deejays galegos farán un percorrido polos grandes éxitos dos anos 90 e 2000 que máis soaron nas pistas de baile da época, máis concretamente na desaparecida Macrodiscotreca Troco, onde Frisco foi dj residente durante dous anos e Marcos durante 17 anos. Despois de levar os seus enérxicos sets por toda a xeografía española e por países como México, Colombia, Suíza, Francia, Portugal, Marrocos, Austria, Alemaña ou Tailandia entre outros, esta actuación é moi especial para eles, xa que é a primeira vez que actúan nas festas patronais da vila chairega.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha