Dj Frisco e Marcos Peón continúan a súa xira, agora por Tenerife e Ávila

Os djs e produtores galegos, Frisco Taibo e Marcos Peón continúan a súa Xira 2023. Despois do éxito conseguido nas festas de San Froilán de Lugo co seu festival Electronic Lucus Fest, onde a Praza da Mosquera encheuse de público para bailar ao ritmo dos deejays, Frisco e Marcos continúan a súa Xira por Tenerife e Ávila.

Na cidade canaria participan primeiramente, este mércores, na conferencia do locutor de radio máis importante do noso país Fernandisco. E será o venres 13, cando formen parte dun dos festivais máis importantes do arquipélago canario, o «Peñón Rock y más» onde compartirán escenario con artistas internacionais como Mónica Naranjo, Daisy Dee from Technotronic, Selena Leo, Locomia e o propio Fernandisco. Un evento moi consolidado onde se reúnen miles de persoas en cada edición.

Desde Tenerife, o sábado 14, Taibo e Peón, saen rumbo a Ávila para poñerlle ritmo á clausura do Ano Xubilar Teresiano, dentro das festas de Santa Teresa de Ávila 2023, cun festival de música dos 90. Nesta ocasión compartirán cabina con grandes iconas da música desa época como Dj Sash, Daisy Dee from Technotronic ou Ann Lee.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha