Dj Frisco e Marcos Peón | Nº1 en seis países con ‘Sara perche’, xunto á alemá Martina Budde 

2 minutes read

Despois de alcanzar o Nº1 en Eslovaquia, Austria, Irlanda, Bulgaria e Namibia, esta semana chegaron ao máis alto da lista de Música electrónica de iTunes Emiratos Arabes Unidos. Nese mesmo país , “Sara perche” atópase no posto Nº9 da lista de éxitos máis importantes de iTunes.

A semana pasada coáronse na lista de éxitos de iTunes Bielorrusia , alcanzando o posto Nº3.

Tamén conseguiron situarse no posto Nº7 da lista xeral de iTunes Bulgaria, de Nº4 de música electrónica de iTunes Holanda, de Nº10 en iTunes Alemaña e de Nº55 en iTunes electrónica de Qatar.

Ademais posicionáronse no Nº2 en Dinamarca e México , Nº4 en Bélxica e Nº28 en Australia nos charts de Música electrónica de iTunes.

No portal de descargas de música electrónica máis importante, Beatport, alcanzaron o posto Nº51 dos tracks funky house máis vendidos do momento.

No seu single “Sara perche”, volven apostar polos sons oitenteros con bases e sons actuais que tan bo resultado están a dar nas pistas de baile máis selectas.

Nesta ocasión a formación hispano alemá, atrevéronse a facer unha versión nin máis nin menos que o éxito de Ricchi e Poveri ,”Sarà perchè ti amo” , orixinal do 1981. Track polo que están a recibir uns feedbacks moi positivos de grandes produtores internacionais . Unha aposta segura, coa que confían seguir nas listas de éxitos máis importantes de Europa e Latinoamérica. 

É a oitava colaboración entre os djs e produtores galegos coa artista de proxección internacional Martina Budde, que xa acumulan máis de 300.000 reproducións en Spotify.

Coas súas dúas últimas colaboracións , “Louie” e “Gloria” , Frisco e Marcos xunto a Martina, chegaron por dúas veces ao Nº1 da lista de música electrónica en Itunes España, ademais de ao posto Nº 40 e Nº33 ,respectivamente, da lista xeral de éxitos de Itunes do noso país.

Nas súas últimas producións, Taibo e Peón, lograron situarse dentro do “circuíto” House mundial e as súas cancións foron incluídas en Charts e Listas de éxitos de países como Estados Unidos, España, México, Colombia, Reino Unido, Italia, Alemaña, Francia ou Canadá. Ademais recibiron o apoio nas súas producións de artistas internacionais da talla de Fedde Le Grand (TOP 19 do Mundo en 2022) , Claptone (TOP 31 do Mundo en 2022), Lucas e Steve (TOP 84 do Mundo en 2022), Sunnery James e Ryan Marciano, Benny Benassi, Robbie Ribeira, Joachim Garraud, Djs From Mars, Leandro da Silva, Fernandisco, Nicola Fasano, Stone Bridge, Paul Parsons, Michelle Weeks, Don Diablo, Lost Frequencies, Silvio Carrano ou Junior Jack.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?