Dj Frisco e Marcos Peón número 1 en Portugal co seu último single «Hard Work For Money»

1 minutes read

“Hard Work For Money” é o título do último single dos deejays e produtores galegos Frisco Taibo e Marcos Peón xunto á raíña do Jackin House, a alemá Martina Budde e que se situou no posto máis alto da lista de Música House de Itunes en Portugal, por encima de artistas como David Guetta, Kygo, Avicci, Calvin Harris ou os Swedish House Mafia.

Ademais, “Hard Work for Money” situouse na posición número 2 da lista Dance e nin máis nin menos que no posto número 8 da lista xeral da música máis escoitada en Itunes Portugal. Por outra banda, «Hard Work For Money», tamén se situou nas listas de éxitos de Suecia, chegando ao Número 2 en House, número 9 en Dance e posto 56 na lista de éxitos de Itunes dese país.

En Latinoamerica, “ Hard Work for Money”, posicionouse no número 8 en House e o o 19 de Dance en Apple Music. Outro dos grandes logros do último single dos produtores galegos, é chegar á posición número 65 en lista de vendas de Beatport a nivel mundial en Jackin House.
Dj Frisco e Marcos Peón seguen así coa súa gran proxección internacional, onde as súas producións se situaron nas listas de éxitos e xa recibiron o apoio de grandes artistas internacionais como Joachim Garraud, Djs From Mars, Leandro da Silva, Nicola Fasanoo ou o mítico Fernandisco. Nas súas últimas producións, Frisco e Marcos, lograron situarse dentro do “circuíto” House mundial e as súas cancións foron incluídas en Charts e listas de éxitos de países como Estados Unidos, España, México, Colombia, Reino Unido, Italia, Alemaña,Nicaragua, Suecia, Francia ou Canadá.