Dj Frisco e Marcos Peón | Os número 1 do House mundial


Os galegos Dj Frisco e Marcos Peón lograron situarse á cabeza da lista HYPE House de Beatport, o portal de descarga de música electrónica máis importante do mundo. Un dato importante é que nese TOP 100, só aparecen 5 españois.

Nesta ocasión, conseguen alcanzar a cima co remix que Crazibiza fixo do seu single «My Kisses» editado polo selo belga Adesso Music, propiedade do mítico Junior Jack.

Ademais deste gran logro, neste momento tamén ocupan o posto número 29 da lista xeral HYPE de Beatport, que engloba a todos os estilos.

Con este remix tamén conseguiron alcanzar listas tan importantes como:
Nº6 en House en Itunes Italia
Nº59 en Dance en Itunes Italia
Nº20 en House en Itunes Reino Unido
Nº7 en House en Itunes Bélxica
Nº51 en Dance en Itunes Bélxica

A canción foi apoiada e «pinchada» por artistas como Lucas & Steve, recentemente nomeados os números 84 dj´s máis importantes do mundo, Robbie Rivera, un dos produtores máis importantes do House, Johan S, Quadrini, Nathassia, Steve Rayner, Broz Rodríguez & Silque, Hagenaar & Albrecht, Sebastian Hooft ou o clásico Black Legend, entre outros moitos.

Isto confirma o gran momento de forma de Frisco e Peón, que co seu anterior single, «Gloria», xunto á alemá Martina Budde, xa alcanzaron o Nº1 de música electrónica en Itunes España, o Nº33 de Música xeral de Itunes España, Nº2 en Electrónica en Itunes Dinamarca e Nº41 do Música xeral de Itunes Dinamarca.