Dj Frisco e Marcos Peón sacan á venda o seu novo single «In the morning» xunto ao londiniense Dennis Wonder

Para este single, volven aos sons club, auténtico funky house con moito groove. « In the morning» virará baixo o selo discográfico británico dos míticos Hoxton Whores, REVOKE. Este track é o décimo sexto traballo de estudo de Frisco e Marcos, que na súa longa traxectoria colaboraron con compositores recoñecidos mundialmente como Outwork, Jerry Ropero, Paco Pil, Henry Méndez, Barbara Sheree, Ronsel Martín, Geena Coroa, Club 24 ou Dj Pelos entre outros; e remezclaron oficialmente a artistas como Sak Noel, Yolanda be Cool ou Guru Josh Project. Taibo e Peón xa tiveron a ocasión de presentar en exclusiva este single nun dos mellores clubs de Bucarest, no Bamboo, local de referencia en Romanía. Ademais moi pronto terán a oportunidade de presentalo na «casa», en Vilalba, algo moi especial para eles.

Dj Frisco & Marcos Peon_In the morning feat Dennis wonder _Radio-edit

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha