Dj Frisco e Marcos Peón triunfan en Europa co seu novo single ‘Sara perche’, xunto á alemá Martina Budde

2 minutes read

Despois de alcanzar o Nº1 en Eslovaquia e Austria, esta semana chegaron o máis alto da lista de música electrónica de iTunes Irlanda. Ademais posicionáronse no Nº2 en Dinamarca e México , Nº4 en Bélxica e Nº28 en Australia nos charts de Música electrónica de iTunes

No seu single «Sara perche», volven apostar polos sons oitenteros con bases e sons actuais que tan bo resultado están a dar nas pistas de baile máis selectas.

Nesta ocasión a formación hispano alemá, atrevéronse a facer unha versión nin máis nin menos que o éxito de Ricchi e Poveri ,”Sarà perchè ti amo” , orixinal do 1981. Track polo que están a recibir uns feedbacks moi positivos de grandes produtores internacionais. Unha aposta segura, coa que confían seguir nas listas de éxitos máis importantes de Europa e Latinoamérica.

É a oitava colaboración entre os djs e produtores galegos coa artista de proxección internacional Martina Budde, que xa acumulan máis de 275.000 reproducións en Spotify.

Coas súas dúas últimas colaboracións , «Louie» e “Gloria” , Frisco e Marcos xunto a Martina, chegaron por dúas veces ao Nº1 da lista de música electrónica en Itunes España , ademais de chegar ao posto Nº 40 e Nº33 ,respectivamente, da lista xeral de éxitos de Itunes do noso país.

Nas súas últimas producións, Taibo e Peón, lograron situarse dentro do “circuíto” House mundial e as súas cancións foron incluídas en Charts e Listas de éxitos de países como Estados Unidos, España, México, Colombia, Reino Unido, Italia, Alemaña, Francia ou Canadá. Ademais recibiron o apoio nas súas producións de artistas internacionais da talla de Fedde Le Grand (TOP 19 do Mundo en 2022) , Claptone (TOP 31 do Mundo en 2022), Lucas & Steve (TOP 84 do Mundo en 2022), Sunnery James & Ryan Marciano, Benny Benassi, Robbie Ribeira, Joachim Garraud , Djs From Mars, Leandro dá Silva, Fernandisco, Nicola Fasano, StoneBridge, Paul Parsons, Michelle Weeks, Don Diaño, Lost Frequencies, Silvio Carrano ou Junior Jack.

Por outra banda, os djs galegos, sacan á luz a súa festa para este verán «Eu lataba en EGB» , onde se poderán lembrar todos os éxitos de todos os estilos, desde os anos 80, cuns visuais creados especialmente para estes eventos e que seguro farán regresar ao público á súa etapa de nenez. A festa inauguración do pasado sábado en Narón, resultou todo un éxito de público. As dúas seguintes edicións celebraranse en Cervo e Ames.