Dj Frisco e Marcos Peón triunfan en Europa co seu novo single xunto a Martina Budde

Os galegos Dj Frisco e Marcos Peón triunfan en Europa co seu novo single, xunto á alemá Martina Budde, «Sara Perche».

Despois de alcanzar o Nº1 en Eslovaquia, Austria e Irlanda, esta semana chegaron todo o máis alto da lista de música electrónica de iTunes Bulgaria.

Esta semana tamén conseguiron situarse no posto Nº7 da lista xeral de iTunes dese mesmo país balcánico, de Nº4 de música electrónica de iTunes Holanda e de Nº55 en iTunes electrónica de Qatar.

Ademais posicionáronse no Nº2 en Dinamarca e México , Nº4 en Bélxica e Nº28 en Australia nos charts de Música electrónica de iTunes.

No seu single «Sara Perche», volven apostar polos sons ochenteros con bases e sons actuais que tan bo resultado están a dar nas pistas de baile máis selectas.

Nesta ocasión a formación hispano alemá, atrevéronse a facer unha versión nin máis nin menos que o éxito de Ricchi e Poveri ,”Sarà perchè ti amo” , orixinal do 1981 . Track polo que están a recibir uns feedbacks moi positivos de grandes produtores internacionais . Unha aposta segura, coa que confían seguir nas listas de éxitos máis importantes de Europa e Latinoamérica.

É a oitava colaboración entre os djs e produtores galegos coa artista de proxección internacional Martina Budde, que xa acumulan máis de 280.000 reproducións en Spotify.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha