- “I got to shake it”, o novo single dos deejays e produtores galegos, Frisco Taibo e Marcos Peón, xa se situou nas listas máis importantes de música electrónica europeas.
Soando xa en emisoras de países como Ucraína, Suíza, Rusia, España, Colombia, EEUU, Alemaña ,Perú, México, Canadá ou Reino Unido, onde a poucos días do seu lanzamento situouse no posto número 10 da lista comercial máis importante do país.
O novo sinxelo dos produtores galegos foi avalado por artistas tan importantes como Don Diablo, KRYDER, Bimbo Jones, Nick Fiorucci, Sergio Matina, Joachim Garraud, Tomo Hirata, Franco Bianco ou Jack Frost.
Nesta ocasión, Dj Frisco e Marcos Peón, contan coa colaboración dunha das grandes voces ucraínas, Stacie, que xa conseguiu varios números un nas emisoras de radio máis importantes do seu país. O novo sinxelo de Taibo e Peón saíu á venda por DeVuu Records, un dos selos discográficos de música house máis importantes de Europa, polo que esperan abrir un pouco máis o seu mercado internacional. “I got to shake” con sons moi bailongos funky house, é a gran aposta actual de Dj Frisco e Marcos Peón, que xa traballan nunha nova produción.
