Xa está á venda desde este venres «Like That», o novo single dos deejays e produtores galegos Dj Frisco e Marcos Peón. Nesta ocasión colaboraron coa artista alemá Martina Budde, considerada nestes momentos TOP 5 a nivel mundial da música Jackin House e que é habitual vela en colaboracións cos mellores produtores de música house actual.
Frisco e Peón, consideran que este lanzamento faios subir un banzo máis na súa carreira como produtores e que lles abrirá moitas portas no mercado internacional, «Se unha artista tan grande como Martina, quixo colaborar connosco, é que imos polo bo camiño» comentan.
Ademais o seu último single «I got to shake» segue soando nas emisoras de radio de varios países como Reino Unido, Canadá, Israel, España ,Estados Unidos, Francia ou Holanda; e xa conseguiu entrar no TOP 10 Comercial do Reino Unido e TOP 50 en Estados Unidos.
Doutra banda, Dj Frisco & Marcos Peón, seguen traballando duro nos proxectos que teñen para 2021, con novos singles e remezlcas, ademais da súa festa « STAR PEOPLE» xunto ao radio deejay máis coñecido do noso país, Fernandisco.