Dj Frisco & Marcos Peón lanzan o seu novo single «Knew you were waiting»


Este venres, día 5 de Agosto, sae á venda «Knew you were waiting», o novo single dos galegos Dj Frisco e Marcos Peón xunto á alemá Martina Budde. O sadense Dj Frisco e os lucense Marcos Peón colaboran de novo coa raíña do Jackin House, Martina Budde . Neste novo lanzamento, volven apostar polos sons oitenteros con bases e sons actuais que tan bo resultado están a dar nas pistas de baile máis selectas. Nesta ocasión a formación hispano alemá, atrevéronse a facer unha versión nin máis nin menos que o éxito de George Michael & Aretha Franklin, «I Knew You Were Waiting (For Me)». Track polo que están a recibir uns feedbacks moi positivos de grandes produtores internacionais. Unha aposta segura, coa que confían seguir nas listas de éxitos máis importantes de Europa e Latinoamérica. É a quinta colaboración entre os djs e produtores galegos coa artista de proxección internacional Martina Budde, na última, con «Blame the Boogie» conseguiron manterse durante un mes completo no top 100 de vendas funky house a nivel mundial e posicionarse o en numero 19 dos lanzamentos funky house máis importantes en Beatport, ademais xa superaron as 30.000 reproducións en Spotify. Noutro single conxunto, «Hard work for Money» chegaron a situarse en listas importantes como:

  • Nº3 en House en Itunes España
  • Nº8 en Dance en Itunes España
  • Nº1 en House Itunes Portugal
  • Nº2 en Dance Itunes Portugal
  • Nº8 en Itunes Portugal (Xeral)
  • Nº2 en House en Itunes México
  • Nº8 en Dance en Itunes Mexico
  • Nº2 en House Itunes Suecia
  • Nº9 en Dance en Itunes Suecia
  • Nº56 en Itunes Suecia (Xeral)
  • Nº18 en House en Itunes Alemaña
  • Nº5 en House en Apple Music Nicaragua
  • Nº105 en Dance en Apple Music Nicaragua

Nas súas últimas producións, Taibo e Peón, lograron establecerse dentro do “circuíto” House mundial e as súas cancións foron incluídas en Charts e Listas de éxitos de países como Estados Unidos, España, México, Colombia, Reino Unido, Italia, Alemaña, Francia ou Canadá. Ademais recibiron o apoio nas súas producións de artistas internacionais da talla de Joachim Garraud, Djs From Mars, Leandro da Silva, Fernandisco, NicolaFasano, Stone Bridge, Paul Parsons, Michelle Weeks, Don Diablo, Lost Frequencies ou Silvio Carrano.