Dj Frisco & Marcos Peón sacan á venda o seu novo single «I got to shake it»

«I got to shake it» , o novo single dos deejays e produtores galegos, Frisco Taibo e Marcos Peón, á venda desde o venres 7 de agosto.. Nesta ocasión , Dj Frisco e Marcos Peón, contan coa colaboración dunha das grandes voces ucraínas, Stacie, que xa conseguiu varios números un nas emisoras de radio máis importantes do seu país. O novo sinxelo de Taibo e Peón sae á venda por DeVuu Records, un dos selos discográficos de música house máis importantes do Reino Unido, polo que esperan abrir un pouco máis o seu mercado internacional. «I got to shake» con sons moi bailongos funky house, é a gran aposta para este verán de Dj Frisco e Marcos Peón que xa traballan nunha nova produción.

Dj Frisco & Marcos Peón – I Got to Shake it

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha