Dj Frisco opta aos Premios Ondas polo seu programa Hit Clubbin´

Dj Frisco en el estudio de radio.

Hit Clubbin´está no aire desde o ano 2005, trátase dun programa semanal especializado en música de baile – tendencia House-, de 120 minutos de duración e que foi crecendo paulatinamente ata chegar a emitirse en 251 emisoras de radio (terrestres e en liña) de 23 países. Presentado e dirixido por Frisco taibo – Dj Frisco- tamén chega semanalmente os sábados na medianoite á sintonía de Nova Hit.

Entre as inscricións recibidas para esta 68ª edición dos Ondas, destaca a categoría Nacional de Radio que, como novidade, conta cun novo premio, «Mellor programa de radio de proximidade», aí é onde Hit Clubbin´opta a ese premio Ondas.

O xurado reunirase para valorar todas as candidaturas presentadas e escoller aos gañadores dos Premios Ondas 2021. Un total de 5 xurados, 4 nacionais e 1 internacional, deliberarán entre todas as candidaturas que optan aos premios.

A comunicación do fallo do xurado desde Radio Barcelona poderase seguir en directo o día 20 de outubro ás 17:00 horas a través da radio no programa La Ventana da Cadea SER.

Nesta 68ª edición dos Premios Ondas, optan aos premios nacionais aqueles traballos realizados e emitidos en España, nalgunha das súas linguas oficiais, durante o período comprendido entre o 1 de outubro de 2020 e o 30 de setembro de 2021. E aos premios internacionais, os traballos realizados en calquera país durante o mesmo período de tempo.

O xurado estará composto de 27 membros repartidos en 5 xurados que valorarán as candidaturas presentadas en cada categoría: Nacional de Radio, Nacional de Publicidade en Radio, Nacional de Televisión, Nacional de Música, Internacional de Radio e Internacional de Televisión. Os xurados outorgasen un total de 21 Premios Ondas distribuídos nas seguintes categorías: 2 Premios Ondas Internacionais e 19 Premios Ondas Nacionais.